Ruletas matemáticas!
AG.- Neste artigo tedes a ruleta dos números! Así traballaremos os números de xeito manipulativo. Descargade as ruletas. Imprimide, recortade (poden axudar os nenos/as) e plastificade, se podedes, se non, pegádeas (poden facelo os nenos/as) en algo máis duro, como cartón ou cartolina. Unha vez feito este pequeno traballo, comezamos o xogo!
Con axuda dun dado ou dous, facemos a tirada e coa axuda dunha pinza colocamos no número correspondente! Cantos acertastes? Pois a practicar!
Santiago Gil
Preme para descargar!