Resumo Facebook Maratón 16/4/2020
AG.- No evento do xoves 16 de abril de 2020 tivemos a oportunidade de coñecer algunhas das seccións que conforman Aulas Galegas e comentar as súas particularidades. Se non tiveches a oportunidade de participar en directo, aínda podes acceder ao evento para revisalo con calma, así como para realizar as túas achegas.
Aquí tes a ligazón directa, unha vez na páxina premes no banner, e logo premes na opción de debate. Alí podes acceder ás diferentes achegas das convidadas e participantes.
O encontro contou con máis de 50 participantes (entre asistentes e interesados), e xeráronse máis de 210 comentarios e máis de 210 reaccións (entre “gústame”, “encántame”…). Os participantes tiveron a oportunidade de achegar as súas respostas e comentarios sobre cada unha das preguntas expostas. As coordinadoras de sección comentaron a súas impresións, aclararon dúbidas e compartiron algún dos recursos máis salientables das súas seccións. Entre todos e todas orixinouse un interesante ambiente de debate. Desde aquí agradecémoslles enormemente a participación e pedimos desculpas polos atrancos durante o evento.
Equipo de Dinamización de Redes Sociais de Aulas Galegas. #aulasgalegas. #SecciónsAG