Que pasaría se…?
AG.- Sabiades que a necesidade agudiza o enxeño? Pois iso, se non podemos ir ao cole, temos a necesidade de pasar o tempo e pasalo ben, así que o noso maxín estará a tope!
Con este material, creado pola mestra Isabel Fraguela Santos, tedes a oportunidade de demostralo. Poñede as tarxetas boca abaixo e collede unha cada un/unha. Teredes que respostar oralmente ou por escrito de xeito creativo. Non teñades medo e deixade voar a vosa imaxinación!
Tamén tedes tarxetas en branco para cubrir con novas situacións hipotéticas.
Que pasaría se vos encantase este xogo? 😉