Os zapatos revoltos
AG.- Ola! Hoxe propoñemos unha actividade de Matemáticas creada pola mestra Isabel Fraguela Santos. En que consiste?
En primeiro lugar colleremos zapatos dos distintos membros da familia e poñerémolos nun montón. Despois emparellarémolos para poder xogar ás distintas opcións. Son as seguintes:
- Un membro da familia agocha algún zapato solto e o resto da familia adiviña cal é o IMPAR.
- Clasificar os números pares e os impares.
- Ordenalos de menor a maior e de maior a menor.
- Anotar despois os números que hai entre uns e outros.
Aquí vos deixamos un arquivo onde podedes ver algúns exemplos das diferentes opcións de xogo. A XOGAR!