“Street poems”, os poemas da rúa de Fran Alonso.

AG.- Cando paseamos polas nosas cidades, estamos afeitos a ver nos muros das edificacións graffittis ou intervencións de “street art” creadas por mozos e mozas artistas que expresan as súas necesidades de creación, os seus berros poéticos en soportes nada convencionais, públicos e á vista de todos e todas nós.

Polo xeral non nos paramos a “ver/ler” estas intervencións “poéticas” urbanas a pesar de ser gratuítas e enviarnos unha mensaxe, a dos seus creadores. O escritor que hoxe nos acompaña durante un tempo fotografou estes graffitti e compuxo os poemas do seu “Street Poems” inspirándose neles:

A poesía é un spray                                                                                       “A poesía é a tensión clandestina

 que escribe co osíxeno dos pulmóns”                                                            dun graffitti que irradia verdades”

No seguinte enlace tedes un vídeo do poeta lendo os seus poemas:

https://www.youtube.com/watch?v=pI_H1Ghc–o&feature=youtu.be

A nosa proposta lectora de hoxe consiste en escoitar estes versos da rúa recitados por Fran Alonso e logo procurar na internet mostras desta arte urbana, escoller un par desas imaxes que vos resulten suxestivas, que vos conmovan, e finalmente que crear uns versos a partir deles (“Escribirei nos muros poemas improvisados…”) seguindo o exemplo de Fran Alonso.

Se queredes, podedes logo enviarnos os vosos poemas e imaxes ao seguinte enderezo para seren publicados:

aulasgalegas.lecturasc@gmail.com

Boa creación e goce para todos e todas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *