Propostas entre iguais.
AG.- Boas, familias!
Nestes momentos que estamos a vivir, todos e todas nos preocupamos por como o viven e senten
os nenos e nenas; unha das nosas preocupacións é a interacción social, os adultos temos as redes
sociais, moitas veces a compaña dun igual na casa ou ata algunha saída ao mercado, iso non sucede
para as crianzas.
Así que unha idea pode ser empregar as redes, coa supervisión do adulto, para relacionárense.
Podemos facer vídeos, videochamadas, chamadas, enviarnos audios, fotos… é importante que os
nenos e nenas manteñan o contacto cos seus iguais e entendan que é unha situación que nos afecta
a todos e todas.
Con esta proposta o que pretendemos é darvos unhas pequenas pautas para facilitar esa interacción
entre iguais con rede social, hai que ter sempre en conta as posibilidades do grupo, é dicir,
chegar a un consenso sobre que rede é a axeitada: gratuíta, sinxela e que acepte diversos soportes.
Aí vos van unhas ideíñas!
Tania G Ruibal