Repasamos para as ABAU
AG.- Nee Barros é un alumno de 2º de bacharelato moi interasado en partillar os seus traballos co resto de compañeiras e compañeiros. Neste vídeo explícanos os seus motivos para facelo.
E comeza así o repaso do temario coa poesía das Irmandades da Fala:
Xenial, verdade?
Neste momento xa leva publicadas 6 entregas na súa canle neeumatiko:
- Poesía das Irmandades da Fala (Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas) 1916-1936, o resumo
- Poesía de vangarda galega, o resumo (surrealismo, creacionismo, hilozoísmo e neotrobadorismo)
- Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas)
- Teatro do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala, Vangardas, Xeración Nós)
- Poesía galega 1936-1976, resumo (Xeración do 36, Promoción de enlace e Xeración das Festas Minervais)
- Prosa galega 1936-1976, o resumo (realismo social, máxico, popular e rural)
Grazas, Nee!