Contamos as sílabas.
AG.- A nosa compañeira, Eva Fernández, déixanos estas tarxetas. Son “flash cards”, coñecidas tamén coma tarxetas de aprendizaxe, tarxetas educativas, tarxetas de estudo, tarxetas falsas, tarxetas de memorización ou tarxetas mnemotécnicas.
Son tarxetas que conteñen palabras, imaxes, símbolos ou números nun ou nos dous lados e empréganse para adquirir coñecementos ao memorizar o seu contido.
Axudan a memorizar por medio da repetición. Xa que hai que lelas moitas veces.
Neste caso por un lado vai o título e polo outro a definición. Tedes que imprimir, recortar e pegalas por detrás.
Esperamos que vos gusten, premede nas letras azuis.