Coronavirus Folk. Galicia Folk Festival.

AG.- De entre as moitas iniciativas de concertos virtuais que hai na rede,  aquí deixamos unha que xorde para levar a cultura musical a todos os fogares.  Facémonos eco da iniciativa Coronavirus Folk, que trata a música tradicional de toda a Península e que dedicou a xornada do 12 de abril á música folk galega.

Neste festival participaron músicos galegos do mundo folk tocando en directo desde as súas casas para o goce de todos nós.  De entre todos eles deixámosvos a participación de Acordeireta, Xosé Liz, ou Gustavo Couto.

Esperemos que gocedes das súas actuacións!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *