Adiviña os títulos

Foi un dos pasatempos virais destes últimos días. Un xogo proposto desde Fervenzas Literarias. As iconas de Whatsapp agochan os títulos de 50 obras (clásicas e actuais) da nosa literatura. Para quen non o coñecía, aquí o deixamos.

Veña! Poñede a proba a vosa imaxinación e os vosos coñecementos sobre as nosas letras. Compartídeo e intentade completar todos os títulos en grupo.

E se non aturades que vos quede algún título sen descubrir, aquí podedes dar coas solucións.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *