Xogo da vida
AG.- Xogo da vida é outro xogo algorítmico extraído de Algoritmia que vos axudará a entretervos nesta Semana Santa na casa…
O xogo da vida foi creado por J.H. Conway en 1970 e forma parte dos chamados autómatas celulares, que foron descubertos por Von Neumann, celebre matemático, impulsor do primeiro ordenador, e son ferramentas importantes pero tamén en ramas das Matemáticas, Bioloxía ou Economía.
A nivel computacional é moito máis que un xogo, é unha máquina de Turing (isto quere decir que pode computar calquera problema que poida ser computable!), e isto é razón máis que de sobra para coñecelo. Nunca serás unha programadora (ou programador) seria se non xogas, ou cando menos se non o programas 😉