Tutifruti

AG.- Bo día a todos e todas! Aquí vos deixamos este xogo, creado pola mestra Judith Gil Santos, chamado Tutifruti, ao que seguro que xogastes algunha vez!

Consiste en escribir palabras de diferentes campos semánticos que empecen cunha letra escollida ao chou.
Se a palabra escrita está repetida obteredes 5 puntos. De non estalo, obteredes 10 puntos. Deberedes sumar os puntos para coñecer a persoa gañadora!

Con este xogo podemos traballar a escritura de forma lúdica, os campos semánticos e incluso practicar as sumas de 5 en 5 e de 10 en 10.

Esperamos que o pasedes xenial!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *