Receita de biscoito inclusiva
AG.- Presentamos unha receita para elaborar un biscoito de dúas cores durante está Semana Santa.
Para que todo o mundo a poida comprender, deixámosvos un vídeo en lingua de signos para a súa elaboración, así como un pdf coa receita en pictogramas.
Coma sempre, este traballo non sería posible sen a colaboración de compañeiros coma Bea, Alba, Tareixa, Beni, Mila… e moitos outros que mandan cada día o seu grao de area.
Esperamos as vosas fotos no correo aulasgalegasdiversidade@gmail.com Se aparece a imaxe de algún neno, necesitamos que indiquedes no corpo do correo “Autorizo a aulas galegas a publicación da foto do meu fillo nas súas canles”