O artista que pinta cabalos

AG.- Despois de ler ou ver o conto  “O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL” , que vos parece convertérmonos en artistas?
Aquí deixo dúas imaxes, unha dun cabalo e outra dun crocodilo, para os cales propoño varias actividades!
Para as crianzas máis pequenas da casa podedes utilizar acuarelas e pintar o voso cabaliño libremente utilizando diferentes tons de cores.
Para as de 4 anos: podedes decorar o cabalo e o crocodilo recortando anacos de papel de revistas, xornais, panfletos do supermercado que a vosa familia teña pola casa.
E para os maiores: podedes decoralos usando a técnica do puntillismo (que consiste en ir facendo puntos con rotuladores dentro da contorna do debuxo, mesturando diferentes tons de azuis entre si).

Espero que vos guste e moito ánimo, que xa queda menos para vérmonos na escola.

Santiago Gil

(Vídeo conto do CEIP A Rúa)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *