Na procura dos ovos máxicos

AG.- Sabes ben o vocabulario relacionado coa casa? Non? Pois estás no momento idóneo para repasalo. Propoñémosvos un xogo de pistas, unha busca do tesouro para que te entreteñas durante esta semana de vacacións.

Poderás divertirte preparando o xogo para que participen outras persoas da casa, ou como detective, se outra persoa organiza este divertimento para ti.

Deixamos unha presentación onde encontrarás instrucións de como xogar, así como as pistas preparadas para imprimir, recortar e agochar. Ah! Precisarás un tesouro. Pensa nalgo rico ou especial, que nos erga o ánimo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *