Concurso Ouvea o Lobo

AG.- O concurso Ouvea o lobo en Aulas Galegas é unha iniciativa altruísta de artistas e promotores culturais galegos para promocionar a escritura e o desenvolvemento do talento e a ficción sonora como xénero.

Colaboran nesta iniciativa a Fundación Luis Seoane o Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT), e o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica tres entidades intimamente ligadas ao panorama cultural galego.

A partir de imaxes/ viñetas e sons  de Lino Braxe e Santy Gutérrez, convídase á rapazada galega a desenvolver a súa creatividade na escrita. Os traballos seleccionados serán premiados cun lote de libros  e sonorizados para ser presentados no  FIOT 2020.

No blog Ouvea o Lobo tedes acceso ás bases do concurso e ás ilustracións e sons que podedes utilizar nos relatos.

Desde Aulas Galegas pensamos que é unha iniciativa excelente para estimular a escrita en galego da rapazada e para apoiar ao profesorado na procura de tarefas para o terceiro trimestre deste curso.

Por que non convertemos a participación no concurso nunha actividade de aula? Convidamos ao profesorado a facer unha selección dos mellores relatos e a contribuír con eles a esta iniciativa. 

 


4 comentarios en «Concurso Ouvea o Lobo»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *