A maxia das Matemáticas [V]

AG.- Hoxe temos unha nova entrega da serie «A maxia das matemáticas», por cortesía de Elisa Costas.

O debuxo misterioso

Imprime a seguinte imaxe. Resolve todas as operacións do debuxo e descubre por que Iván está tan satisfeito da súa obra de bricolaxe. Para iso, cando obteñas…

    • Un resultado negativo e par, deberás colorear o lugar en beige.
    • Un resultado negativo e impar, deberás colorear o sitio en azul.
    • Un resultado positivo e par, colorearás o sitio de amarelo.
    • Un resultado positivo e impar, colorea o lugar de laranxa.
    • Un resultado igual a cero, deberás colorealo en marrón.

Agradecemos a Ana García Azcárate  (https://anagarciaazcarate.wordpress.com/) pola cesión dos contidos da súa páxina web e do seu libro Pasatiempos y juegos en clase de matemáticas.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *