Día Mundial da Concienciación sobre o TEA

AG.- Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial da Concienciación sobre o TEA. Propoñémosvos varias cousas:

-Aprender un pouco máis sobre o tema co vídeo que vos deixamos ao final da entrada.

-Comprender o sistema pictográfico de representación lingüística mediante este xogo.

A inclusión ten que ser unha prioridade. Dedicádelle uns minutos a poñervos nos zapatos de quen ten unha forma distinta de percibir a realidade.

Por certo, xa vistes a serie The good doctor? Nela o doutor Shawn ten que facer fronte aos problemas que se derivan de ser un médico con TEA. Estas semanas de confinamento poden ser un bo momento para vela.

Graciñas a Ana Pérez Rico, autora dos recursos propostos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *