Aspectos para ter en conta no coidado de persoas maiores
AG.- Como profesionais do ámbito da xerontoloxía un dos nosos principios é o bo trato cara á persoa maior, centrados na propia persoa como axente activo da súa propia vida. Non debemos esquecer que cada persoa é única e diferente no plano biolóxico, intelectual, afectivo e social. No seguinte vídeo, a nosa compañeira Elena vainos explicar que aspectos debemos ter en conta cando coidamos e convivimos con persoas maiores.