Pronomes persoais

AG.- A nosa compañeira Eva Fernández déixanos estas tarxetas, chamadas flash cards”, coñecidas tamén coma tarxetas de aprendizaxe, tarxetas educativas, tarxetas de estudo, tarxetas falsas, tarxetas de memorización ou tarxetas mnemotécnicas.

Son tarxetas que conteñen palabras, imaxes, símbolos ou números nun ou nos dous lados e empréganse para adquirir coñecementos ao memorizar o seu contido.

Neste caso, por un lado está o título e por outro a definición. Tedes que imprimir, recortar e pegalas por detrás.

Esperamos que vos gusten!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *