Enreguéifate: dálle ao peteiro e reguéifalle ao mundo enteiro!!!

Atención á veciñanza
Atención ao mundo enteiro
Ímonos a enregueifare
Imos darlle ao peteiro

É unha boa menciña
Se estás no confinamento
Cantar e contarlle ao mundo
Con todo o teu talento

Seguide aquí as bases
Para así participar
Ficando nas vosas casas
Gozade de regueifar

AG.- Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de
Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por
medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e
privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en
verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente, no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións
formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Aquí tes todo o necesario para participar no Enreguéifate 2020


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *