Conteo con tapóns!

AG.- Esta actividade está pensada para traballar a conta dos números do 1 ao 10 e a retroconta do 10 ao 1.
Utilizarase material de refugallo (tapóns e/ou xoguetes pequenos, abalorios, botóns…).

1. Ordenar os números do 1 ao 10.
2. Repasar a cadea numérica contando en alto e tocando co dedo cada tapón segundo vaia dicindo o número. Deste xeito non os dín de memoria.
3. Agochar algún tapón e dicir cal é o número que falta.
4. Cambiar os tapóns por obxectos.
5. Poñer tantos obxectos como di o número.
6. Retroconta: Ordenar os números do 10 ao 1.

 

Outra opción da nosa compañeira Rosa para traballar o conteo:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *