Mandilín, mandilón
AG.- Félix Arias é un músico e compositor galego cunha longa traxectoria artística en proxectos compartidos como Lovely Luna ou Guru Deva e en solitario, con catro discos: “Manchados de tinta” (2006), “Valse moi triste en Sol menor” (2013), “Aves Zancudas” (2016) e “No more Lonely Nights” (2019). Compositor de bandas sonoras dalgunhas curtometraxes e longametraxes, desde 2013 compaxina a súa carreira artística coa docencia musical na Escola Infantil Municipal Monte Alto da Coruña e, desde o 2016, na EEIM Carme Cervigón para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
O cantautor comparte en “Mareas de Cultura” cancións para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Títulos como “As abellas de papel”, “Mandilín, Mandilón” ou “Sin Plas Tico” son unha boa proposta para acompañar o confinamento dos máis pequenos da casa.