Campus de Estrelas: a radiación de fondo

AG.- Antón Baleato Lizancos,  coruñés doutorando en Cosmoloxía no Institute of Astronomy e Kavli Institute for Cosmology na Universidade de Cambridge, invítanos a mergullar no Universo.

“A Radiación Cósmica de Fondo é a luz máis antiga que se pode observar no Universo. Premendo na imaxe inferior,  visualizarás en realidade virtual as imaxes tomadas polo satélite Planck, unha auténtica viaxe ao pasado, onde poderás ver o Universo tal e como era na súa infancia. Ademais, serás quen de comprender as técnicas empregadas pola comunidade científica para separar a luz de orixe primixenia daquela que foi emitida pola nosa propia galaxia ou por outras fontes próximas.”

Para saber máis.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *