31 de marzo. Día Internacional da Visibilidade Trans.
AG.- Hoxe é o 31 de marzo, Día Internacional da Visibilidade Trans, e queremos sumarnos a esta inciativa traendo a Aulas Galegas un proxecto que precisamente ten por obxecto poñer a ollada na realidade TRANS e visibilizar, compartir e educar para educarnos na igualdade e no respecto polo dereito a SER.
TRÁNSito é un traballo realizado o pasado ano por Luz Beloso e o seu alumnado do IES As Barxas dentro do Obradoiro de Plástica de bacharelato. Este recurso ten dúas partes:
- Unha curtametraxe baseada en feitos reais das vivencias de Hugo Ferreiro (ex alumno deste centro educativo). Realizada integramente en galego.
- Un documental con testemuños de adolescentes TRANS a preguntas do alumnado deste centro educativo supervisadas pola asociación Nósmesmas. (Os testemuños son en galego e castelán)
Convidámosvos a ver estes vídeos e a contribuír á súa distribución entre o alumnado para colaborar na visibilización deste colectivo.
Poderás atopar máis información en Educortos.