Música pequerrechiña

AG.- “Música pequerrechiña” pretende ser un espazo de encontro musical para a rapazada. Cancións para cantar en familia, ao tempo que se desenvolven habilidades psicomotoras e cognitivas na voz de cantautores galegos.

Un proxecto  que  se suma a iniciativas tan marabillosas e coñecidas como “Radio Picariña”,  a primeira canle  dixital dedicado a nenos e mozos  da Radio Galega.

Dun xeito similar a aplicacións como Spotify, en Radio Picariña podes  seleccionar a música que  queres ouvir desde o ordenador ou dispositivos móbiles.

Preme na imaxe para entrar.

Desde “Música pequerrechiña” iremos achegando cancións de distintos cantautores  e cantautoras que queren compartir  a través de aulas galegas o seu bo facer.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *