Cociña Gráfica: debuxo un pisquiño co mesmo que cociña.
AG.- O artista Suso Cubeiro e a súa filla Xana, comparten con Aulas Galegas ténicas de debuxo e pintura para o confinamento.
Os temas, relacionados co medio ambiente: paxaros, carballos, moscas, paisaxes…
Os materiais, café, azafrán fariña e outros ingredientes da cociña fáciles de obter agora que non podemos sair mercar utrensilios de pintura.
Un traballo en conxunto de pai e filla, no que Suso comparte o seu saber artístico e Xana elabora os guións, grava e edita os vídeos.
Cada día e até que termine o confinamento, pai e filla comparten na súa canle de Youtube un vídeo que compartimos baixo a etiqueta “Cociña Gráfica”.
Para comezar, debuxamos un paporrubio: