Ciencia en galego
AG.- Dentro da sección “Mares de Cultura” inauguramos un proxecto de divulgación científica en Aulas Galegas, “Ciencia en galego”, convencidas de que a comprensión da ciencia como produción intelectual e social é fundamental para pensar na cultura científica dos e das cidadáns do século XXI.
Dicía un slogan utilizado por algúns museos científicos: “Sen ciencia non hai cultura” , afirmación que sustenta unha proposta enviada por investigadores galegos a Aulas Galegas.
Semanalmente, iremos publicando as súas contribucións que, de seguro, nos van axudar a mellorar a nosa cultura científica e desfrutar coa ciencia.