The diary of coronajail break
AG.- Esta actividade, deseñada pola profesora Lúa Blanco, proponvos crear un diario que conte a vosa experiencia nesta crise. Utilizade a ferramenta Canva para crear o voso propio modelo de diario. Nela podedes engadir vídeos e imaxes. A idea é gardar todas as experiencias deste período de confinamento que no futuro se estudará nos libros, xa que, aínda que dramático, é un feito histórico.
Podedes gravar Stories con Instagram, facer un Tik Tok ou empregar outras ferramentas de vídeo. Utilizade as caixas de texto para explicar o que fixestes, o que vos pasou ou como vos sentistes cada día. Tamén podedes gravarvos narrando a vosa experiencia e pegala como vídeo. Será unha boa lembranza desta crise mundial.
Velaquí os materiais que precisades:
• Móbil ou cámara de vídeo
• Ordenador ou tablet.
• App Canva
• Editor de vídeo: Windows Movie Maker ou Imovie (Mac)