Por fin é venres!
AG.- Chega a fin de semana e é un bo momento para mirar cara atrás e resumir nunha conta de “5 – 4 – 3 – 2 – 1” a nosa semana.
Isabel Fraguela Santos proponnos reflexionar sobre:
- As cousas que nos fixeron rir
- As cousas que aprendemos
- Algunhas palabras que describan a nosa semana
- Os compromisos que debemos cumprir para a seguinte
- Algún plan para a fin de semana
Estamos segur@s de que aínda que esteamos na casa, cada día, cada semana é diferente!! Collede o lapis e dádelle ao coco para cubrir esta fichiña cada venres!
