Misión Coronavirus
AG.- O noso compañeiro Beni Suárez Suárez achéganos un conto sobre o Coronavirus en versión vídeo e tamén en formato pdf por se podedes e queredes Imprimilo-Misión conto coronavirus.
A iniciativa do conto xorde para axudar o alumnado con TEA a entender esta nova situación pero pode ser extensible a alumnado de todo EI e tamén de 1º e 2º de EP.
Como ben sabemos ao alumnado máis pequeno encántalle repetir e reler historias. De aí xorde a idea deste conto, da necesidade de lelo todos os días.
Na páxina 9 faise alusión a unha caixa das misións. A idea é que as familias teñades unha caixiña na que metades unha nota coa/coas “misión/s” do día: recoller o cuarto, axudar a poñer a mesa, limpar ben o baño, asearnos ben… Deste xeito pódevos axudar a orientar as actividades diarias das persoas máis pequenas da casa.
No caso de alumnado con TEA con certa oralidade podemos anticipar con “primeiro, despois” exemplo: “primeiro lemos o conto de Coronavirus e despois a actividade que imos realizar”.
Agradecemos a achega ao D.O. do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza (Santa Comba) e a Beni Suárez Suárez. Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza esperan que vos sexa de utilidade este recurso.
NOTA se non tedes unha caixiña, vale calquera recipiente, un resto de ovo sorpresa, un moedeiro o que teñades.