A maxia das Matemáticas [III]
AG.- Aquí vai un novo capítulo de ‘A maxia das Matemáticas’, de Elisa Costas.
Preparamos xa a festa por reunirnos de novo!
Empecemos a preparar a festa que imos montar cando xa por fin saiamos todos do confinamento. Pero antes,temos que organizar a disposición das mesas, por suposto. Dispoñemos de dous tipos de mesas, unhas cadradas e outras rectangulares.
As cadradas podemos dispoñelas deste xeito, acomodando o seguinte número de cadeiras:
Cantos convidados podemos sentar en catro mesas? E en 5 mesas? Saberías dicir o número de invitados á festa que poderían sentar en 20 mesas? E en 50?
Escribe unha regra que permita dar co número de convidados sabendo o número de mesas (n).
Se queremos invitar 54 persoas, cantas mesas precisaremos?
Agora analiza do mesmo xeito a seguinte organización con mesas rectangulares. Que é mellor, xuntar as mesas polo lado longo ou polo curto? Por que?