Facemos zume!
Zume de laranxa: pura vitamina C!
AG.- Estes días nos que boa parte das familias se xuntan e nos que non andamos tanto ás présas como de costume, podemos deixar que os máis pequenos e pequenas da casa nos axuden na elaboración do noso almorzo saudable.
É igual que teñades un espremedor eléctrico que un manual, o importante é que “sintan” o gusto e responsabilidade por axudar a facer “unha parte importante” do almorzo.
Unha vez posta a mesa e, mentres se está a quentar o leite, preparando as torradas ou mesmo preparados os cereais ao lado da cunca, podemos preparar un REFRESCANTE e SABOROSO ZUME DE LARANXA.
E preguntarannos:
POR QUE?
Porque, mentres o facemos…
IMOS OBSERVANDO e FALANDO que…
Esa “froita de tempada”, en forma de “esfera” (ou non)…
E que ule taaan ben (ulimos)…
Ímola cortar* “á metade” (recendo máis intenso) e…
Collendo cada unha das metades pola “monda”…
Colocándoas na “punta” do espremedor e…
“Presionando” coa nosa man “aberta” e xirándoa coa axuda do pulso, obtemos a pulpa (sólido)… ás veces con pebidas (que podemos gardar para logo sementar) e o zume (líquido) que imos beber…
PARA QUE?
Para fortalecer as nosas defensas e que desaparezan os virus que nos fan esbirrar ou tusir, protexer os nosos dentes e os nosos ósos (calcio) e para previr e non sufrir no baño axudando a que a nosa caca estea “máis branda”, polo seu contido en fibra.
TAMÉN TEMOS QUE DICIR
que esta fermosa froita úsase para a elaboración de biscoitos e marmeladas caseiras que se usan nos almorzos, como aderezo ou ingrediente para ensaladas e para algún guisos de carne ou mesmo de peixe.
A que non sabíades que facendo zume de laranxa se poden traballar tantos contidos?:
- Contar as laranxas que leva cada vaso de zume.
- Medir se cunha laranxa se enche o vaso “pouco”, con dúas “moito”, cunha “máis” ou se cunha metade é “dabondo”.
- Repartir unha xerra de zume entre 3,4,5…vasos grandes, pequenos…é necesario facer “máis”?
- Pensar se sobrou moito zume, que podemos facer con el? Mañá hai que facer “menos”?…
E todo o que se vos ocorra!!
Ah!! E non esquezades meter as mondas no colector de lixo orgánico!!!
*Cortar: o adulto valorará a idade das nenas e nenos para cortar as laranxas á metade sós e soas ou con axuda.
Lucía Lence Expósito.