Chanfaina Lab, un encontro e un portal de películas innovadoras
Cada ano, en San Sadurniño, un equipo de xente comandado por Manolo González e Carmen Suárez recibe cineastas, con e sen oficio, cuxa misión é gravar nunha fin de semana unha película con duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, a memoria histórica, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.
Este ano tivo lugar a 6ª edición, e na súa web están a publicarse semanalmente as películas de todos e todas as participantes. Na web xeral podedes acceder ás películas de todas as edicións pasadas.