Tempos de coronavirus
AG.- Ola familias!
Sabemos que esta é unha situación desconcertante e complexa para explicarlles aos nosos nenos/as, por iso propoñémosvos este material de traballo con PICTOGRAMAS, para manexar todo este tema do coronavirus na casa.
En primeiro lugar atoparedes a Paco, un neno que ía ao cole todos os días ata que tivo que marchar para a casa por un tal corona… non o ten moi claro, e a súa profe vai a explicarlle todo o necesario.
Prema aquí para ver o conto.
E en segundo lugar faremos un xogo para levar a cabo as medidas de prevención necesarias, no que teremos que expulsar o coronavirus da casa (prema aquí para acceder á actividade).
Material adaptado por Mila Castro do documento feito por Myriam Solórzano CEE CLINICA SAN RAFAEL DE GRANADA.
QUE BONITO NO CORONAVIRUS
Grazas Sidy, intentamos que toda a rapazada entenda o que está a suceder