O meu caderno de campo
AG.- A mestra Isabel Fraguela Santos convídanos a crear un caderno de campo ben xeitoso!
Se tedes a sorte de ter preto da casa algunha área verde ou podedes vela pola fiestra, esta actividade está especialmente pensada para vós. Tomade fotografías, coa axuda dunha persoa adulta, ás árbores que vexades dende a casa. Sabedes como se chaman? Como son as súas follas? Ten froitos?
Pois agora, convídovos a coller folios, cartón para reutilizar, pinturas, pegamento, tesoiras, lápis, goma, rotuladores e todo o que consideredes imprescindible para comezar a facer o voso caderno de campo tendo en conta as características de cada árbore e buscando información se así o precisades. Imprimide as imaxes ou facede debuxos para que quede máis completo. Despois podedes encadernalo cun cordón, grampalo, etc.Así poderedes observalo como se estiverades en pleno campo. Que vos parece?
Moi interesante, gústame a idea, aínda que para os alumnos de áreas urbanas é moi dificil. Grazas!
Grazas Liliana! Ocórresenos que podes consultar na galipedia… Todo vale!