Os Bolechas.

Aquí atoparedes alguhas ideas para facermos un mundo máis inclusivo onde todas as persoas vivamos máis cómodas e felices.

Presentamos unha unidade didáctica (prema aquí)  que está deseñada para traballar a diversidade, a empatía e o respecto entre os máis pequenos.

Todos e todas podedes traballar coa rapazada coa unidade didáctica para aprender un pouco sobre as diferentes capacidades que temos cada persoa.  “Os Bolechas” son unha serie de contos creados por  Pepe Carreiro.

É un material que atopamos no Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia en colaboración coa  Asociación Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Achegamos a ligazón da propia páxina, nela podemos atopar diversos xogos en liña, XOGADE con eles:

http://www.osbolechas.gal/cogami/

Tamén tedes actividaes:

colorea

marcapaxinas_cogami

puntos_cogami


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *