O momento familiar

Para conmemorar o día da poesía, traemos esta actividade tan estupenda, na que vos propoñemos propoñen o seguinte:

Reunídevos todas e todos,

nais, pais, os maiores e os máis novos.

A que vos apetece xogar?

Nesta actividade tod@s podemos opinar!

O parchís, o bingo, unha receita ou o telexornal, 

elixide cada quen o que ides organizar.

E se hai persoas que non están con nós?

Hoxe hai moitas ferramentas para falar cos avós.

Collede o cadro que se adxunta

e que o cubra quen apunta.

Facédeo con moita enerxía

e que teñades un feliz día da Poesía!

Isabel Fraguela Santos, 21 de marzo de 2020.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *