Que di a instrución do 19 de marzo de 2020?

O MINISTERIO DE SANIDADE PERMÍTELLES ÁS PERSOAS CON DIAGNÓSTICO DE TEA E CONDUTAS DISRUPTIVAS SAÍR Á RÚA ACOMPAÑADAS MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA

AG.- A Instrución do 19 de marzo de 2020 permítelles ás persoas que teñan alteracións condutuais, como aquelas diagnosticadas  de espectro autista ou que presenten condutas disruptivas, realizar os desprazamentos  que sexan necesarios sempre que se manteñan as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Que documentación se debe achegar?

Aínda que na propia norma non se establece nada ao respecto, dende a Confederación de Autismo de España e o CERMI, recomendan que, ao saír á rúa, leven a seguinte documentación:

  • Certificado oficial de recoñecemento da discapacidade.
  • Prescrición dun profesional sanitario ou social.
  • Copia da Instrución do 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen os criterios (achégase aquí).
  • Informes médicos ou psicolóxicos complementarios en que se describan as necesidades individuais, sempre que se dispoña deles. 


2 comentarios en «Que di a instrución do 19 de marzo de 2020?»

    • 22 Marzo 2020 ás 13:31
      Ligazón permanente

      Ola Eva, a instrución indica toda persoa con problemas condutuais onde entrarían tamén nenos/as con deficit de atención e hiperactividade. O que si, aconséllase saír cun informe que o acredite para evitar problemas. Moitas grazas

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *