Traballar a Dislexia

AG.- Na Pedagoxía Terapéutica abordamos o traballo da dislexia dende diferentes frentes e con diversos e variados recursos.
Por iso, recomendamos que o traballo nas casas durante estes días siga unha dinámica similar (sempre que sexa posible e adaptada ás posibilidades de cada caso particular).
Velaquí algunhas recomendacións:
• Traballar cos nenos e as nenas de forma estruturada, por tempos de concentración máxima e descanso activo.
• Promover o reforzo positivo interno, buscando que gocen da propia tarefa e da súa realización.
En canto aos recursos materiais, podemos traballar con distintas e variadas ferramentas, combinando os recursos máis tradicionais (libros, cadernos, fichas, …) con aqueles multimedia en formato dixital, como son diversos software educativos específicos, con ferramentas TIC como:
*Dyseggxia, que axuda á rapazada con dislexia a superar os seus problemas de lectoescritura mediante divertidos e entretidos xogos.
*ExeLearning, ferramenta que permite crear contidos dixitais para ser visualizados nun navegador, nun lector de libros electrónicos e incluso ser impresos.
*Dis@nedu, portal web de recursos educativos.

Tamén deixamos un pdf para poder traballar na casa a dislexia para Primaria. 

Grazas Natalia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *