Estarricamos as pernas coas táboas de multiplicar
Con esta actividade pretendemos que fagades un pouquiño de exercicio matemático. Imos xogar coas táboas de multiplicar e coa aplicación Scratch. Poderás repasar unha táboa en particular ou facer un barullo con todas elas! E, se pensas que todo remata aquí, temos un reto para atrevid@s: as táboas do 11 e do 12!!!Deixamos por aquí a Xiana e a Roxe de axudantes. Estades preparad@s? Seguro que si!
Esta actividade de Olga Patiño Abeixón (está baseada na proposta de Rosa Martínez, tal e como aparece reflectido na aplicación Scratch) Se picas no nome desta mestra terás o enlace aos xogos. Tamén deixamos as súas indicacións