Diario en tempos do COVID-19
AG.- Seredes capaces de crear un diario no que expliquedes a vosa experiencia nesta situación, tal e como fixo Anna Frank?
Anna Frank foi unha nena que, na época nazi, foi privada do seu dereito a saír da casa. Estivo vivindo na “casa de atrás”, agochada tras un armario. Ela explicaba as súas sensacións e emocións, así como as actividades que facían neste lugar e tivo que empregar moito a súa imaxinación.
Propoñémosvos crear un diario para que, cando acabe todo, o levedes ao colexio e contedes a vosa experiencia a todos os vosos compañeiros e compañeiras.
Serás capaz? SEGURO QUE SI!