A gardar!!

Seguro que os nenos e nenas están a pasalo moi ben neste tempo que estamos na casa, pero ás veces as persoas adultas toleamos un pouquiño co nivel de enerxía que teñen. Tamén ás veces precisamos dun pouco de axuda para que se responsabilicen das desfeitas que fan pola casa.

A mestra Ana I. Pérez recoméndanos esta cantiga que compartiu nas redes o CEIP Plurilingüe “Anxo da Garda”.

Coa axuda dos pictogramas imos aprender a gardar outra vez os xoguetes no seu sitio para poder volver xogar mañá.

Biquiños e apertas!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *