O noso diario de emocións

Estes son, sen dúbida, días diferentes. Estamos a vivir unha situación totalmente nova que estamos aprendendo a manexar. As emocións, compañeiras de cada momento das nosas vidas, tamén están aprendendo a adaptarse a esta nova situación.

Como sabedes, é moi importante coñecer as nosas emocións para saber actuar fronte a elas. Así que imos facer un “Diario de emocións” para rexistrar como nos sentimos cada día na casa.

Podemos escribir unha palabra (ou varias), unha oración, un pequeno texto… O obxectivo será describir esa emoción que nos acompaña e tamén debuxala como queiramos. Se non tedes claro como facelo, poden axudarvos os debuxos que acompañan o diario.

A mestra Fátima Rúa déixanos un documento co diario de emocións semanal en branco para que cubrades as emocións de cada día!!


4 comentarios en «O noso diario de emocións»

  • 20 Marzo 2020 ás 08:31
    Ligazón permanente

    Empeza o agobio,os enfados sin motivo,os cambios de humor. Pero intentase levar da mellor maneira posible.

    Resposta
    • 20 Marzo 2020 ás 15:05
      Ligazón permanente

      É normal… Agardamos que esta ou outras actividades da páxina poidan ser de axuda!!!

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *