Coñeces o Festival de Cine Escolar Olloboi?

É un encontro de todo o alumnado e o profesorado galego co mundo do cine profesional. Cada ano, de xaneiro a abril, os coles/profes/alumn@s soben as súas pezas de cine. Podedes atopalas na web olloboi.com

En maio ten lugar o festival propiamente, nun marabilloso e único cine: un estaleiro de ribeira en Cabo de Cruz, Boiro!

No festival hai unha parte de creación exprés da rapazada con cineastas (Muchachada 4×4) e logo unha entrega de premios ás pezas que selecciona o xurado. Música, convivencia, festa… Todo o mundo pode participar, e sempre podedes atopar curtas interesantes coas que gozar e aprender!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *