Agarimos contra a covid-19

Ola, rapazada! Xa todas e todos sabemos que temos que ter coidado e manter distancias entre as persoas. Pero necesitamos demostrarnos o afecto. Así que aquí está a nosa proposta: por que non lle dades voltas ao voso “coco cebolo” e buscades modos diferentes de saúdos, apertas ou bicos á familia, amigos ou veciñanza? Podedes levantar o pé dereito, mover o cóbado,  saltar tres veces… Facede unha xuntanza na casa e decidide entre toda a familia como facelo.

Dende aquí axitamos a cabeza como os rockeiros!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *