Un centón, que é?
AG.- Un centón é un poema elaborado con versos ou medios versos preexistentes, é dicir, doutros autores. É un exercicio de creación no que se elabora un texto totalmente novo a partir de fragmentos doutros textos. A graza dun bo centón é que non o pareza. O centonador ou centonadora pode utilizar versos enteiros, pero nunca dous versos seguidos que aparezan nun mesmo poema do mesmo autor. Anímaste a centonear?
Aquí tes exemplos do alumnado do CPI de Soutomaior no ano 2016 e as instrucións para crear.
Centón literario AULAS GALEGAS
Que grande idea! Son mestra xubilada e avoa. Vouvos seguir.
Grazas Tere!
Encantounos a idea!
Intentamos facelos, aínda que foi un pouco complicado par nos!
https://drive.google.com/file/d/1geqPr2HaDFbSnmqUGMnUTJn77e9u4NDi/view?usp=sharing
Que ilusión Ana! E son alumnado de primaria! Menudas máquinas das letras!Dálle os parabéns a Carla, Martín é Lucas. Centóns propios de futuros poetas da terra. Grazas, é unha satisfacción enorme saber que as propostas de Aulas Galegas están a “viaxar” polas clases. Noraboa!!
Moitas grazas a vós polo voso traballo!
Ana