Todos somos superheroes!
Ola a todas e todos! Nestes tempos de ficar na casa, que vos parece se xogamos ás superheroínas e aos superheroes?
É moi sinxelo! Fíxate nestes pasos:
1.- Debúxate sendo superheroína ou superheroe. Busca un nome xeitoso e pensa ben na roupa que levarás. Non esquezas a túa capa!
2.- Pensa e escribe cales son os teus poderes (podes pensar en cousas que axuden aos adultos cos que estás: poñer a mesa, recoller o cuarto, xogar sen molestar aos pais que traballan na casa…)
3.- Colga o debuxo cos teus superpoderes no corredor, na porta da túa habitación ou mesmo na fiestra para que todo o mundo saiba da túa valía!!!
Moitas Grazas pola implicación cos nenos.
Grzas a vós por facelo posible!
Moi chulo, grazas!
Pero… dado que o recurso está no paratado da materia “Lingua galega”, por favor, corrixide ese castelanismo ‘sepa’.
Moitas grazas!
Grazas pola túa axuda. Si queres colaborar para axudar nas correcións encantados. Preme na lapela de “Colabora” na cabeceira do blog si estás interesada.
Grazas de novo!