Palíndromos ilustrados

Un palíndromo, como moitos de vós xa saberedes, é un enunciado (palabra, oración ou texto) que se le igual de dereita a esquerda que de esquerda a dereita. É dicir, pola súa simetría é unha expresión capicúa: ollo, radar, relaxa ler

Ademais de ser un clásico enredo ou pasatempo lingüístico, tamén foi usado para crear obras mestras literarias como o poemario A torre da derrota, de Gonzalo Navaza.

A proposta que facemos hoxe é que xogues a crear os teus propios palíndromos e que os ilustres, ben de forma artesanal (con lapis, papel, cores…) ou ben de forma dixital.

Pode serche útil este xerador automático de palíndromos. Para min, o mellor, porque é moi sinxelo de usar. Aínda que estea en inglés, vale para calquera lingua.

A imaxe que podes ver arriba váleche de exemplo. É o primeiro dunha serie de palíndromos ilustrados que fun colgando no meu vello blog Xogosdelingua.

Adiante! A espremer un chisco os miolos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *