Como funciona o xabón e por que é tan importante lavar as mans

Nestes días a OMS recomenda lavar ben as mans como medida de protección fundamental contra o coronavirus e a maioría de microorganismos patóxenos.

Sabes cal é o papel do xabón?

As mans suxas teñen graxa e a auga soa non pode disolvela (tenta mesturar auga e aceite e comprobaralo).

O xabón ten dúas partes, unha “amiga” da auga e outra afín ás graxas, polo que encapsulan esa parte graxa e despois permite disolvela en agua.

Nas bacterias, o xabón actúa dun xeito semellante, rompe a parte graxa da membrana celular  e acaba matando as células porque disolve as membrana e acaba por desintegrar as bacterias.

O coronavirus non é unha bacteria, senón un virus, e ten unha especie de membrana (bicapa lipídica). O xabón desfai esas protuberancias que vedes na imaxe, esa especie de “coroa”, e destrúe o virus.

Así que xa sabedes, a facer xabón  con aceite usado.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *